Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

PREPARANDO... Paisaxe Sonora, Videocreación, Findecurta

Febreiro e Marzo

'Preparando… Paisaxe Sonora, Videocreación, Findecurta' no campus de Lugo

A inscrición pode realizarse desde o 5 de febreiro ata unha semana antes do inicio de cada módulo.

MÁIS INFO E MATRICULA AQUÍ

 

 

PREPARANDO... Paisaxe Sonora, Videocreación, Findecurta


Módulo 1 - Laboratorio sonoro: técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras

Este obradoiro ofrece unha introdución práctica e creativa ao manexo de software de edición de audio e procesamento de efectos. Aprenderás a gravar, editar e manipular sons para crear paisaxes e composicións sonoras. Exploraremos ferramentas como Reaper e plugins de efectos, mentres desenvolves proxectos reais que combinen técnica e creatividade. Non se require experiencia previa, só ganas de aprender e experimentar co mundo acústico.

Relator: Arturo Vaquero

Datas:


Módulo 2 - Sementando videoarte

Dende as interseccións artísticas que a xeran -linguaxe cinematográfica, plástica, escrita, sonora…- achegámonos á videoarte na experimentación de formatos, técnicas e ferramentas que permitan un coñecemento xeral dos prantexamentos teóricos e prácticos do medio. 

O módulo aborda etapas creativas -dende a preprodución até a postprodución- que posibilitan a realización dunha peza videoartística alén dos sistemas de produción tradicionais, e acompaña os procesos individuais de creación dunha peza de videoarte.

Relatora: Carmen Granxeiro

Datas:   


Módulo 3 - Cine de guerrilla: crea cine sen límites

Relator: Bruno Máez

Datas: 

Queres facer cine, pero cres necesitas grandes presupostos e equipos custosos? Pensa outra vez! Neste curso de Cine de Guerrilla, descubrirás como a creatividade e a paixón son as túas maiores ferramentas para contar historias poderosas.
Aprenderás a producir películas de baixo orzamento utilizando recursos accesibles, localizacións e técnicas innovadoras que desafían as normas do cine tradicional. Desde a ideal inicial ata a edición final, este curso levarate por todas as etapas da produción cinematográfica, explorando como planificar, rodar e finalizar proxectos como os que tes á túa disposición.
Converteraste nun creador multidisciplinario, asumindo roles como guionista, director, camarógrafo, editor e incluso promotor da túa obra. E ao mellor o teu proxecto final será unha curtametraxe independente que poderás presentar en festivais e plataformas nacionais e internacionais.

Este curso non é soamente unha clase, é un desafío. É para quen quere romper as regras, crear co que teñen e contar historias que ninguén máis se atreve a contar. Se estás listo para facer cine sen límites, este é o teu momento.


Matrícula

Inscrición desde o 6 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.

Prazas: 14 persoas 

Prezos:

1) Por módulo:

2) Todos os módulos

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira