Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXXII Maratón Fotográfico

18 de outubro

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

XXXII MARATÓN FOTOGRÁFICO


O día 18 de outubro, ás 9.30 h na Casa do Saber


INSCRICIÓNS

Do 1 de outubro ao 16 de outubro ás 13.00 h cubrindo o formulario da nosa web.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen.

MODALIDADE

O 18 de outubro, ás 9:30 h, na Casa do Saber, comunicarase o tema elixido.

As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor e en formato dixital.

PREMIOS

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 350€, trofeo e diploma

Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema libre, dotado con 300€ e diploma

Premio do Público á mellor fotografía, dotado con 100€ e diploma

*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencions fiscais legalmente establecidas pola normativa de xestión económica da USC.

Entrega de premios, voto do público e inauguración exposición

3 de novembro ás 20:15 horas na Biblioteca Intercentros

EXPOSICIÓN

Do 3 de novembro ao 14 de decembro na Biblioteca Intercentros.

Elixiranse 12 fotografías que formarán parte do calendario do ano 2027 de Lugo Cultural.

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira