Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

31 Festival de Teatro Universitario

Abril 2025

As funcións da 31 edición do Festival de Teatro Universitario, con entrada de balde, serán do 2 ao 11 de abril de 2025. Como actividades complementarias haberá o 5 de abril as accións 'EscaparArte' e o 6 de abril un taller de creación con Nuria Sotelo.

TODA A INFO AQUÍ

31 FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

ABRIL 2025

 ENTRADA DE BALDE

TODA A INFO AQUÍ

 

Funcións

 

2 de abril

'Voilá', coa compañía de teatro da USC-Lugo dirixida por An González

Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas

 

4 de abril

'Danza de la vida breve', de Antonella Sturla, con Teatro el Mayal-ULE dirixido por Javier R. de la Varga

Vello Cárcere, 20.00 horas

 

7 de abril

'Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo', de Rodrigo García, coa compañía de teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro

Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas

 

9 de abril

'Ludovico 2.5', coa Aula de teatro do campus de Ourense, Grupo Maricastaña da Universidade de Vigo, dirixida por Fernando Dacosta

Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas

 

11 de abril

'Cara de leoparda', coa compañía Vaites Vaites da USC-Lugo dirixida por An González

Casa do Saber, 20.00 horas

 

 

Actividades complementarias:

 

5 de abril

EscaparArte, Accións escénicas nos escaparates do centro histórico de Lugo

Horario: de 12.00 a 14.00 horas

Prazo: Queres participar como artista no EscaparArte? recepción de propostas ata o 23 de marzo de 2025.

Máis información e solicitude de participación: en area.cultura@usc.gal

As bases de participación no EscaparArte están nesta ligazón.

 

6 de abril

Taller de creación con Nuria Sotelo

Horario e lugar: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas na Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria

Prazo: inscrición ata o 26 de marzo neste formulario. Máis información en cultura.lugo@usc.gal

Descripción do taller:

Neste obradoiro abordaremos ferramentas para a creación dende e co corpo, atendendo a tres niveis relacionais: co meu propio corpo, cos outros corpos, co espazo.

No primeiro nivel abordaremos a presenza e o uso eficiente do movemento. Para elo faremos uso de ferramentas que axudan a focalizar a atención e a conexión mente-corpo-emoción. 

No segundo nivel estudaremos a relación entre as persoas a nivel físico, observaremos como as decisións van pasando dun nivel individual a un nivel colectivo que vai máis alá da negociación ou suma de vontades.

No terceiro nivel poremos en relación a nosa individualidade e o colectivo co espazo que nos acolle, trascendendo á frontalidade da cuarta parede e explorando a multiplicidade de posibilidades na composición espacial.

O traballo nestes tres niveis pretenden levar consciencia cara ese lugar escénico dinámico no que os intérpretes se situan nunha escoita activa e cunha atención entre dentro e fora, entre o corpo e a mente, entre a miña vontade e a dos outros.

Para abordar este traballo Nuria Sotelo fará uso de ferramentas de diferentes da danza contemporánea: Body Weather, Passing Through, Releasse ou Assimetrical Motion. Tamén de prácticas traídas do ioga, a respiración consciente e da súa propia experiencia escénica como intérprete e coreógrafa.

Necesidades para as persoas participantes: roupa e calzado cómodo

Taxas do taller:

 


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira