Quiosco da Praza Maior ás 20.30 h
CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE
quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural
Coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)
Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio.
A improvisación libre: quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural pretende xuntar as enerxías sonoras dos músicos participantes nun concerto aberto a todas as ideas e propostas nun devir aleatorio dende o paisaxístico ao melódico ou simplemente rítmico.
O mundo urbano e a natureza parecen estar de costas musicalmente falando mais como bos amantes ambos son dependentes un doutro a pesar das contradicións aparentes.
Unha reflexión sonora sobre estes temas diversos e distantes é o reto do 5 de xuño no quiosco da Praza Maior de Lugo. Neste concerto participarán membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e estará aberto á participación daqueles músicos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións.
Para poder participar neste concerto é necesario inscribirse previamente na Área de Cultura da USC no Campus de Lugo, no teléfonos: 982 821 513 ou no mail: cultura.lugo@usc.es
DIRECCIÓN: M. Inmaculada Cárdenas
O Grupo de Creación Musical da USC nace no ano 1995 . A idea do grupo era e é desenvolver a creación musical contemporánea, a partir dos conceptos de música concreta e música electroacústica.
O primeiro proxecto que o grupo desenvolveu foi a obra Mosteiro Suite, obra electroacústica dedicada ao mosteiro de Sobrado dos Monxes da Coruña e ó inicio da ópera Serea e o Contador de Contos inspirada nun conto do escritor Gonzalo Torrente Ballester.
Dende ese momento ata hoxe o GCSUS traballou activamente tanto en proxectos con outros espazos da propia universidade como en proxectos coa cidade.
Relación de obras creadas e editadas polo GCSUS:
2001: Música&Arquitectura
2002: Ópera SEREA E O CONTADOR DE CONTOS
2007: O Grupo de creación musical en concerto
2009: Música e entorno
2012: Música, espazos e cidade
Grupo de Creación Sonora da USC-GCSUS
http://sonscreativos.weebly.com/
http://www.youtube.com/user/sonscreativos
Concerto de improvisación libre:
quiosco aberto mundo urbano/mundo natural
Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio
BASES DA CONVOCATORIA
1. Poderán participar todos aqueles músicos maiores de 18 anos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións
2. Prazo de inscricións ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2014
3. As solicitudes poderán presentarse persoalmente no lugar abaixo indicado ou a través do correo electrónico cultura.lugo@usc.es
4. Nas solicitudes deberá constar, en todo caso:
4.1 Nome e DNI do solicitante5. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo
6. A admisión ou non das solicitudes, será comunicada pola organización o día 3 de xuño, ao e-mail facilitado polo solicitante
7. Os solicitantes admitidos terán que facer un ensaio xeral o mesmo día 5 de xuño previo ao concerto
Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases
INSCRICIÓNS:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 513
Mail: cultura.lugo@usc.es