Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

6 Sons Creativos

Maio-xuño 2014

20, 22, 27, 29 de maio e 5 de xuño ás 20.30h

Casa do saber e Quiosco da Praza Maior

http://sonscreativos.weebly.com/

20 de maio +(INFO)

CASA DO SABER, ás 20.30 horas

VERTIXE SONORA

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 20 DE MAIO

 

22 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

CARLOS SUÁREZ

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 22 DE MAIO

 

27 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

ULOBIT

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 27 DE MAIO

 

29 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

OHN (María Roja + Berio Molina)

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 29 DE MAIO

 

5 de xuño +(INFO)

ás 20.30 horas  QUIOSCO DA PRAZA MAIOR

Concerto de improvisación libre: quiosco aberto mundo urbano/mundo natural

Coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio

INSCRICIÓNS: Área de Cultura. Campus de Lugo

Tfno: 982 821 513 Mail: cultura.lugo@usc.es

 

 

SONS CREATIVOS é unha plataforma de intercambio cultural para a difusión e creación sonora que, en convocatoria anual, supón unha aposta polas últimas propostas do ámbito da música contemporánea, a creación electroacústica e da arte sonora e que chegará neste ano 2014 á súa sexta edición.

Organízase polo Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, GCSUS e, nesta edición, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero e Xoán Xil López.

Clausuraremos os 6º Sons Creativos cun concerto ao aire libre. Unha improvisación libre co título xenérico de Concerto de improvisación libre: quiosco aberto mundo urbano/mundo natural, que terá lugar no quiosco da Praza Maior de Lugo coa participación dos membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e aberta á participación daqueles músicos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo.

Para poder participar neste concerto é necesario inscribirse previamente antes do 30 de maio conforme ás BASES da CONVOCATORIA

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira