UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Compañía de Danza da USC- Lugo
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
EMPATÍA
Capacidade para situarse no lugar do outro. Ser consciente de que os demais poden sentir e pensar dun modo igual ou diferente ao noso. Queremos expresar o noso persoal enfoque empático ante as diferentes situacións da vida. Utilizando a escoita e a observación aprendemos e desenvolvemos unha maneira de vivir mellor. A empatía fainos compartir espazos, sensacións, sentimentos … e agudiza os nosos sentidos. É unha das ferramentas coas que se fabrican os soños.
Coreografía: Rosa Acuña
Intérpretes: Eva de la Torre, Alba Fernández, Laura Garcia, Nieves Pintos e Miguel de la Torre
Texto: Eva de la Torre
Edición musical e voz en off: Miguel Basanta e Lola Fernández
Vestiario: Espazo de Danza da USC
Duración: 20 minutos