Pitanfona xurde das inquedanzas de Jose Varela e Efraím Díaz por misturar instrumentos dos que case non temos exemplos como conxunto.
A Zanfona é un instrumento cordófono frotado, moi estendido na música europea. Ten un orixe netamente propio do noso continente, con diversas variantes dependendo da época e da localización xeográfica. Nos seus primeiros pasos como instrumentos era coñecido como Organistrum. Aínda que hoxe está moi evolucionado, é un dos instrumentos mais antigos que se continúan a empregar tanto en música folclórica, culta ou contemporánea.
O Pito foi un instrumento de pasatempo pastoril. A súa construción e similar a de unha frauta de bico; a técnica, o rexistro e a articulación da frauta mestúrase coa dixitación, ornamentación e afinación da gaita. É un instrumentos que estivo a piques de desaparecer. Basilio Carril e Paulino Pérez foron os últimos construtores coñecidos que os fabricaban, tradicionalmente en Mi bemol. Seguindo o modelo de Basilio Carril, Antón Corral retomou a súa construción, coa incorporación da tonalidade de Re. O artesán Miguel Mosquera ampliou a tonalidade a Sol e a Do.
Jose Varela nace en Lugo no ano 1972, e comeza os seus estudos musicais con 7 anos, acadando o grado profesional de violín. Comezou a interesarse na música tradicional e folk, o que o levou a estudar diversos instrumentos tradicionais como gaita ou percusión galega. Comezou o estudo da zanfona da man de Oscar Fernández no Conservatorio Folque de Lalín para máis tarde estudar tamén con Anxo Pintos na e-Trad de Vigo. Fixo ademais cursiños de zanfona con xente coma Valentin Clastier, Gilles Chabenat ou Germán Díaz. Como zanfonista, gravou nos discos Nekiño, de Ghaita Depedra ou co grupo Cantatí no seu traballo Mira cómo veño.
Efraím Díaz nace en Lugo en 1980 e aos 8 anos comeza os seus estudos de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz baixo a agrupación Zuncurrundullo de Castroverde. Titulado Profesional e Superior de Percusión. Becado pola Fundación Caixa Galicia para gravar o su primeiro disco como percusionista Viaje por Kallaikía en 2008. Ten exercido a súa labor docente en diversas Escolas de Música e en Conservatorios da provincia de Lugo e Coruña. É músico da Banda Municipal e profesor da Escola Municipal de Música de Lugo onde imparte, entre outras materias, pito pastoril.
https://www.facebook.com/pitanfona.duopitopastorilzanfona CONCERTO Presentación de Pitanfona(dúo Pito Pastoril-Zanfona)Introducción Jose Varela
Siretsi yares Taran/Noubar Noubar Tradicional Armenia (circa 1430)*
Ecco la Primavera Francesco Landini (1325-1397)*
Lonxe da Terriña Juan Montes (1840-1899)*
Muiñeira de Froxán Tradicional Galega
Stella Splendes Libre vermell de Monstserrat (1399)*
Tango perpetuo Erik Satie (1866-1925)
Jaraxó Jose Varela
Suite nº2 Op27 J.B.Boismortier (1689-1755)
I.Allemande
II.Rondeau
III.Paysane
IV.Menuet I -II
Sansonette Dominique Forgés
Ai déjame subir Tradicional Galega*
Andarivel Ivan Costa
Preludio suite nº1 SolM J.S.Bach (1684-1750)*
Recercada primera Diego Ortiz (1510-1570)*
Si bheag si mor Turlough O'Carolan (1670-1738)*
Cántiga 77 de Santa María Alfonso X (1221-1284)*
Pasodoble Romántico Repertorio de Os da Fraga (Ardemil, Ordes)
Arranxos Pitanfona
Excepto*Arranxos. Efraím Díaz