O pazo de Arretén, a igrexa de Bastavales, Bonaval, o Santuario da Barca, as Fontes de Ortoño ou os regatos de Laiño... Cantar a Rosalía é como regresar á segunda metade do século XIX para inzar de novo eses lugares dos cantares que ela mesma escoitou e que inspiraron esa obra da que se celebran 150 anos de gloria.
A CadaCanto é o proxecto que dou en xuntar a catro grandes da música galega: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza, ... Guillerme e Xabier son membros de Berrogüetto, grupo no que anteriormente cantaba Guadi. Xabier contou con Xosé Lois e con Guillerme no seu "Músicas de Salitre". Guadi e Guillerme son "Espido" e Xabier e Guillerme publicaron xuntos "Arrolos de Salitre". En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común.
Entre concerto e concerto xurde a oportunidade de render tributo a Rosalía de Castro no ano que se celebra o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos". Pola súa parte, "Músicas no Claustro" brinda ao grupo a oportunidade de gravar os temas deste traballo na mesma caledral de Tui.
https://www.youtube.com/watch?v=8GYKVO8ixKQ
A humilde empresa de aCadaCanto, como músicos de hoxe, é perpetuar a palabra de Rosalía precisamente onde reside a Lírica popular, na memoria colectiva. Esa que sabe e ás veces non sabe de quen sabe.
FICHA TÉCNICA
a rosa d'Adina (aCadaCanto, 2013)
Texto: Rosalía de Castro
Músicas: aCadaCanto
Discográfica: Músicas de Salitre
Guadi Galego: voz
Xabier Díaz: voz
Guillerme Fernández: guitarra
Xosé Lois Romero: acordeón
Deseño gráfico: Nébeda Piñeiro
Fotos promocionais: Karlos Abal
Cámara: Fran Naveira, Iago Prada, Karlos Abal
Gravación de audio en directo: Kevi Aragunde
http://www.musicasdesalitre.com
https://www.facebook.com/acadacanto