Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Exposición 19 Maratón Fotográfico do campus

Sala Isaac Díaz Pardo (Facultade de veterinaria)

Martes, 3 de decembro, ás 12:00 h na SALA ISAAC DÍAZ PARDO (FACULTADE DE VETERINARIA)

Acto no que se fará público o fallo do xurado, a entrega de premios e diplomas, a presentación do catálogo e a inauguración da exposición dunha escolma dos traballos presentados ao certame.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 31 de xaneiro de 2014, tódolos días laborables de luns a venres, en horario de 09:00 a 21:00 h.

 

O certame

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai dezanove anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

A convocatoria nesta edición foi un éxito de participación, contando cunha inscrición inicial de 78 persoas das que finalmente participaron 73 que presentaron a concurso un total de 189 fotografías, 6 na modalidade analóxica e 183 na dixital, o que supuxo un incremento importante respecto ao número de participantes da pasada edición.

O Maratón desenvolveuse durante a xornada do día 9 de outubro, sendo os temas propostos A UNIVERSIDADE EN LUGO e O SAN FROILÁN, ademais do tema LIBRE tal e como se contempla nas bases.

 

O catálogo

O catálogo, que dende a pasada edición se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.

 

Exposición dos traballos e entrega de premios

Na exposición dos traballos presentados a esta 19 edición do Maratón, figuran tódolos galardoados e unha fotografía por cada autor participante. No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 3 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria. Os representantes de Lugo Cultural: Antonio Veiga Outeiro,  Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, ademais do Decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Pernas, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e  o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, cuxo nome leva o premio á mellor colección, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os  diplomas e o catálogo aos participantes.

 

Os premiados nesta edición

PREMIO CARLOS VALCÁRCEL á mellor colección
ROBERTO MOURIZ LAMAS,
polo conxunto de fotografías
Construíndo futuro, Tempo de lecer e Splash!!

PREMIO á mellor fotografía do tema LIBRE
VÍCTOR CABALLERO MOJA,
por A vida pasa

PREMIO á mellor fotografía do tema A UNIVERSIDADE EN LUGO
IVO MANUEL TEIXEIRA ALVES,
por  A clave

PREMIO á mellor fotografía do tema O SAN FROILÁN
ÓSCAR ABELLEIRA FERREIRÓS, por Movemento

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder 2 accésits a maiores dos premios previstos na convocatoria:

ACCÉSIT outorgado polo XURADO correspondente ao tema A UNIVERSIDADE EN LUGO
Roberto Mouriz Lamas,
por Construíndo futuro

ACCÉSIT outorgado polo XURADO correspondente ao tema LIBRE
Iago Anello Fórneas

por O vixía

premio-carlos-valcarcel.jpg
 


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira