Cía. Teatrubi
Dirección artística: Rui Pires
Parecia que dançávamos. Tu vestido de príncipe e eu nua.
Parecía que danzabamos. Ti vestido de príncipe e eu núa.
Porque estás lonxe e ausente, como camiñas libremente, polos soños da miña infancia, alí, onde saen os soles da medianoite, sombríos e dourados; entre as negras rúas, onde abundan os ladróns de almas. Apoderácheste de todo, ata dos recordos de cando non te coñecía. Estou só. A onde vou? A onde vou? E nunca máis haberá unha resposta. Entrei con pasos de bolboreta e dirixinme ao xardín, á potente lúa. Movíame nun espazo moi fino, rarísimo, entre a luz e a sombra, a morte e a vida. Ámote, a resposta era un silencio ou un xesto ambiguo. Todo era real e irreal como é sempre a vida. Voaron os anos e na noite escura, alá no alto, moi alto, aínda hai unha estrela azul que nos guía.