Día 8 ás 20.30 h
SUICIDIO COLECTIVO CON ENCANTO
A partir de Delicioso suicidio en grupo de Arto Paasilinna
MARICASTAÑA. Aula de Teatro Universitaria de Ourense
Dirección e dramaturxia: Fernando Dacosta
Duración: 95 min
O paradoxo do título remítenos aos extremos desta obra: a morte a vida. Personaxes que ven na morte a única solución xúntanse nun seminario de "suicidioloxía"proposto por un deles.
Vidas danadas, problemas sen solución aparente, a vida sen sentido tal e como discorre... De alí sairá unha conclusión, como adoita acontecer nos congresos: participarán nun suicidio en grupo, un suicidio colectivo con encanto. E aí comeza o gozoso. Cando se vive cada día coma se fose o último, cando o "carpe diem" golpea as persoas e aflora a humanidade, o gozo, a explosión vital.
Iremos descubrindo o que agocha cada personaxe nunha viaxe desde Galicia á punta máis setentrional de Europa. Unha policía tratará de entender que traen entre mans ese excéntrico grupo dirixido por un coronel, unha directiva de empresa e unha xefa de estudos... E todo iso sazonado dun humor latente durante toda a peza que en ocasións chega a ser humor negro.
Cardoso - NIKULIN
Alberto Medeiros - FABIO Alb
Núñez - ANUSHA
Alicia Fraga - POPEA
Victoria Álvarez - XANA - POLICÍA
Noelia Rodríguez - LAVINIA Alba
da Estevadinha - FRIDA Reyes
Mangue - AFRA Iván
Davila - ISAAC
Sandra Al Ca - KORPELA
Daniel Vázquez - JON
Paco Daza - KORPELÍN
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN María Díaz
ESCENOGRAFÍA, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta