Día 10 ás 20.30 h
AGAMENÓN. VOLVÍN DO SUPERMERCADO E DEILLE UNHA MALLEIRA A MEU FILLO de Rodrigo García
Aula de teatro da USC. COMPAÑÍA DE TEATRO
Dirección: Roberto Salgueiro
Duración 55 min
(por orde de intervención)
PAI Miguel Gendre
NAI Beatriz Pérez
FILLA Alba López
FILLO Miguel Torres
Deseños de espazo escénico, figurinos e
iluminación Roberto Salgueiro
Arranxos vestiario Clotilde Vaello
Asistencia técnica Raúl Giraldo (RTA)
Programa e cartel Gerardo Fuentes
Asistencia de dirección Clara Martín
Adaptación literaria e dirección Roberto Salgueiro
A proposta que realizamos céntrase en dous conceptos básicos que constrúen o texto de Rodrigo García: a violencia e o humor. Esta mestura constitúe un armazón grotesco que contén unha lectura aceda, tremendamente crítica, sobre o individuo sometido, ao seu pesar, por un sistema que o oprime e sobre o que non ten capacidade de reacción.
A obra completa de Rodrigo García (Bos Aires, 1964) está publicada en La Uña Rota (ed.), co título Cenizas escogidas: Obras 1986-2009.
Roi Méndez, Mari Carmen Seoane, Eloy Blanco, María Dolores Martínez
A duración da obra é de 55 minutos
Considerámola non apta para menores de 12 anos