O curso de primavera deste ano é un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición', partindo da idea de acompañar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou, que se está a facer e que outros camiños se nos abren arredor da tradición e a súa xestión.
Nesta ligazón figura o programa do curso, todas as actividades son de balde. Para ir á actividade 'Polavila pola Terra” non fai falta inscribirse, para o resto de actividades hai que inscribirse, ata o 22 de abril, a través deste formulario (máis información en 982821513 / cultura.lugo@usc.es).
Perspectivas e relatos sobre como se tratou, que se está a facer e que outros camiños se nos abren arredor da tradición e a súa xestión.
10.15 - Inauguración oficial do curso
10.30 - Carlos Callón (USC) A transmisión do lume ou a adoración da cinza? A literatura tradicional galega ao desafío
11.00 - Mª Concepción Fernández López (USC) Peneirei, peneirei por un cribo: Rito, mito e verbo do pan e o cereal
11.30 - Xabi Iglesias (Oxeito) Vivir da tradición
12.00 - Descanso
12.30 - Patricia Cupeiro (USC) Reflexións en torno á iconografía das cantareiras na plástica galega
13.00 - Aitana Cuétara (Luneda Producións) O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea
14.00 - CONCERTO COMENTADO con Branca Villares. O primeiro canto... e o derradeiro? A tradición oral nos cantares do ciclo vital
16.00 - Antonio Reigosa. As Mestras e os Mestres da Memoria da AELG: tesouros humanos vivos da nosa tradición
17.00 - Alba Díaz Geada (USC). Tradicións, costumes e culturas populares
17.45 - OBRADOIRO FALADOIRO con Branca Villares. Canta miña compañeira. O cantar e a construción da comunidade, onte e hoxe
Actividade complementaria promovida pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e o Consello do Estudantdo
Debaixo da cafetería da EPSE
19.30 - OBRADOIRO con Ruth Pérez. Entrando no baile. Inscrición previa, prazas limitadas
21.30 - POLAVILA. Pandeireteiras da Volta do Agro, Axeigo e Cantareiros de Cántigas e Frores. Ao remate, foliada aberta?
12.00 - MESA REDONDA moderada por Isidoro Rodríguez Pérez (USC). O asociacionismo arredor da música e do baile tradicionais na cidade de Lugo. Participan:
José Angel Vilabrille Rodríguez de Cántigas e Frores
Fidel Reigosa Cotelo da Volta do Agro
Javier Pajón Fernández de Airiños de Orbazai
Xaneco Tubío da Asociación de Gaiteiras Galegas
13.00 - PASEO SONORO. Habitar a tradición
13.30 - CONCERTO FORO con Bouba. Á volta dun vermú (Termando dos Marcos)
Actividade promovida coa Comisión de Normalización Lingüística
Organiza: Facultade de Humanidades
Coordinadora: Carme Giráldez Salgado
Máis info e inscricións na web / 982 821 513 / cultura.lugo@usc.gal