Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

I Certame de Paisaxe Sonora

22 de novembro

O Certame de Paisaxe Sonora xorde da necesidade de fomentar a creatividade a través da escoita. Que mellor que crear espazos, experimentar co que escoitamos...
 
Rendemos ademais homenaxe ao labor feito polo Grupo de Creación Sonora da USC e a Inmaculada Cárdenas que fixeron tanto pola música electroacústica na nosa cidade e na USC.

22 de Novembro
Coordina: Arturo Vaquero
Info en cultura.lugo@usc.es

Descarga a ficha de inscrición aquí

TITORIAL 1: https://youtu.be/o04Ea-0z2fU

TITORIAL 2: https://youtu.be/yBFl4Oug71M


PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen individualmente ou en grupo.


REQUISITOS

A paisaxe sonora deberá ter unha duración de entre 1 e 10 minutos.
A paisaxe sonora deberá de ser orixinal e inédita e non estar publicada ou premiadas noutros certames.
As paisaxes sonoras deberán remitirse en mono ou estéreo e en formato .wav (mínimo 44.1Khz 16 bit) ou .mp3 (mínimo 192 kbps). Cada arquivo deberá nomearse cun título seguido dun guión (-) e o nome do participante.
Débese elaborar tamén un ficheiro de texto, a persoa participante describa o proceso creativo da paisaxe sonora, o material utilizado e unha breve explicación conceptual da obra.
A entrega farase por correo electrónico ou a través de WeTransfer a cultura.lugo@usc.gal, acompañando o ficheiro de audio (punto 3) e o ficheiro de texto (punto 4) coa ficha de inscrición cuberta, copia escaneada do DNI e certificado de conta bancaria

ENTREGA DE PREMIOS

30 de novembro
21:00 h.
Casa do Saber.

PREMIOS

Premio GCSUS Valorado en 350€
Premio do público 150€
(votarase na propia sesión o día 30)
Finalistas 100€ cada un (4 finalistas)

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira