Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

IV Certame Videocreación

Outubro e novembro 2022

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

Este ano ademais podes participar na actividade complementaria de "Videocreación: arte, experiencias e cintas de vídeo" que comeza o 29 de outubro!

 

 

IV CERTAME DE VIDEOCREACIÓN

Podes descargar a ficha de inscrición aquí

Informate sobre a actividade complementaria que comeza o 29 de outubro aquí

Descarga as cortinillas aquí

As obras presentadas deberán ser inéditas e orixinais.
Cada obra pode ser realizada de maneira individual ou colectiva. No caso de que a peza audiovisual sexa feita por un grupo, deberase indicar unha persoa que o represente ou un nome colectivo que asine a súa autoría.
Cada obra deberá levar a cortina de inicio dispoñible na páxina www.lugocultural.gal
A duración de cada obra será dun máximo de 5 minutos, incluíndo cortina inicial e créditos.
No caso de que a peza conteña linguaxe literaria oral ou escrita, valorarase positivamente a utilización do idioma galego.
No caso de que a peza conteña música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.


PRESENTACIÓN DE OBRAS

Debe cubrirse a folla de inscrición, que poden atopar na web de lugo cultural, coa información da persoa ou colectivo participante e os datos técnicos e artísticos da obra, e incorporar unha ligazón privada para visualizar a obra en liña. Toda esa información debe enviarse ao enderezo cultura.lugo@usc.gal coa documentación que se pide na folla.
Data límite de presentación das pezas: día 23 de novembro ás 13:00 h.


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA
VIDEOCREACIÓN. ARTE, EXPERIENCIAS E CINTAS DE VÍDEO.

Imparte Carmen PG Granxeiro
Datas: 29 de outubro, 5, 12, 19 e 20 de novembro de 11:00 h. a 14:00 h.
Lugar: Casa do Saber
Duración: 15 horas
Incricions en cultura.lugo@usc.gal ata o día 26 de outubro


PREMIOS


ENTREGA DE PREMIOS

21 de decembro ás 20:00 h. no MIHL.
Coa actuación de Trilitrate

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira