Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

III Certame de Videocreación Campus USC Lugo

Novembro 2021

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

III CERTAME DE VIDEOCREACIÓN

Descargar ficha de inscrición

Descargar cortinillas

As obras presentadas deberán ser inéditas e orixinais.

Cada obra pode ser realizada de maneira individual ou colectiva. No caso de que a peza audiovisual sexa feita por un grupo, deberase indicar unha persoa que o represente ou un nome colectivo que asine a súa autora.

Cada obra deberá levar a cortina de inicio dispoñible na páxina www.lugocultural.gal

A duración de cada obra será dun máximo de 5 minutos, incluíndo cortina inicial e créditos.

No caso de que a peza conteña linguaxe literaria oral ou escrita, valorarase positivamente a utilización do idioma galego.

No caso de que a peza conteña música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.

PRESENTACIÓN DE OBRAS

Debe cubrirse a folla de inscrición, que poden atopar na web de lugo cultural Descargar ficha de inscricióncoa información da persoa ou colectivo participante e os datos técnicos e artísticos da obra, e incorporar unha ligazón privada para visualizar a obra en liña.

Toda esa información debe enviarse ao enderezo cultura.lugo@usc.gal coa documentación que se pide na folla.

Data límite de presentación das pezas:

Día 22 de novembro ás 15:00 h.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

Conversa con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa por Virtudes (e misterios) acompañado por Carmen Blanco o día 22 de novembro ás 20:30 horas na Casa do Saber

PREMIOS

Entrega de Premios: 20 de decembro ás 20:30 Horas na Casa do Saber

Premio á mellor linguaxe visual (400€).

Valoraranse os aspectos estéticos da obra referentes a imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual de cada peza.

Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria (400€).

Valoraranse os aspectos literarios da obra referentes ao guión e uso da linguaxe escrita ou oral.

Premio Araceli Herrero á mellor comunicación (400€).

A mellor proposta que englobe tódolos aspectos comunicativos empregando diferentes linguaxes.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira