Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Maratón Fotográfico 2018

25 de setembro

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Inscricións ata as 14.00 h. do 24 de setembro  AQUÍ

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

EXPOSICIÓN

Edificio de O Vello Cárcere do 8 de novembro ao 9 de decembro

Entrega de premios: 8 de novembro ás 20:00 h 

BASES

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen. 

2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 24 de setembro de 2018. 

3. A data de celebración será o 25 de setembro. Os participantes presentaranse ese día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, onde se procederá a ler os temas, entregar os carretes ou CD (segundo a modalidade) e a ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frase para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite. 

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. 
 
5. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas (un o proposto pola organización e o outro libre) e cunha única fotografía por cada tema. As fotografías poderán realizarse en branco e negro ou en cor. 
 
6. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:
6.1. MODALIDADE ANALÓXICA: 
6.1.1. O 26 de setembro ata as 14:00 h, entrega de carrete.
6.1.2. O 8 de outubro entre as 10:00 e as 13:00 h, os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contactos que lles facilitará a organización. 
6.2. MODALIDADE DIXITAL:
6.2.1. O 26 de setembro ata as 14:00 h, entrega do CD.
6.2.2. No CD gravaranse as fotos en .jpg, cun máximo de 3.543×2.362 píxeles (equivalente a unha imaxe de 30×20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.
6.3. EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, de ser o caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras como máximo, en galego).

7. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para que o xurado poida valoralas posteriormente.
 
8. PREMIOS*: 
− Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 350 €, trofeo e diploma.
− Premio á mellor fotografía do tema libre, dotado con 250 €, trofeo e diploma.
− Expedirase un diploma acreditativo a todos os participantes.
 
9. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editalas en catálogo.
 
10. O lugar e data do veredicto e da entrega de premios comunicarase oportunamente.
O xurado encargado de decidir os premios será nomeado pola organización. A decisión do xurado será inapelable. 
 
11. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela, que poderá facer uso delas para os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia á autoría das mesmas.
 
12. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda posible reclamación por dereitos de imaxe.
O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases. Calquera incidencia non prevista nelas será resolta pola organización.
 
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas. 

Inscricións ata as 14:00 h do día 24 de setembro 
Máis información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n 2º andar
27001 Lugo 
982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira