O Convenio con 24 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC ofrece:
Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural.Obxectivos:
1. Fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros nos que a cidade e o campus se interrelacionen.
2. Consolidar os ciclos establecidos, tratando de impulsar artes como o audiovisual, a performance, a través de actividades complementarias a eses ciclos.
3. Buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso (como Entre Lusco e Fusco no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, os concertos a pé de pedra na Praza de Santa María, e outros nos que as accións performáticas e de implicación do viandante teñan máis forza).
4. Permitir a investigación e experimentación dentro das artes.
O ano pasado houbo máis de 5000 espectadores, 10 concertos, 6 visitas guiadas con música en directo, 8 performance, 5 obradoiros, 16 conferencias , 4 encontros con artistas , 15 representacions teatrais, 8 pezas coreografiadas, 2 concursos entre outras actividades.
-
Músicas a carón da Mosqueira: 5 concertos na casa do Saber con 500 espectadores.
Noite na Domus: 6 visitas guiadas con música. Aforo limitado que se completou sempre 150.
Lubicán: 3 concertos , Casa do Saber, Praza de Santa María e Auditorio Gustavo Freire Círculo das Artes, Praza de Santa María con 510 espectadores.
Lubican Íntimo: 2 concertos na Casa do Saber 195 espectadores.
Xoves de Moda: 3 encontros na Casa do Saber. 200 espectadores.
Festival Internacional de Teatro: 8 espectáculos, (3 pases de con aforo limitado e escolares), 1 peza microteatro, 1 encontro co actor Ernesto Arias na Casa do Saber, curso de formación con Ernesto Arias e teatro na rúa e en escaparates . Auditorio Gustavo Freire 1196.
Curso de Primavera: 7 Charlas, 1 obradoiro e tres performance 250 persoas.
Encontro de Danza: 8 pezas coreografiadas. 480 persoas.
Montaxes Compañía de Teatro da USC-Lugo- xira (sen contar lugo ): Ca montaxe Paz Perpetua levaron o nome de Lugo Cultural aos Festivais de Coruña, Santiago , Vigo , Ourense e León, recibindo unha mención especial na MITEU Ourensá. Por outra parte a obra O Público viaxou ao Festival Nacional de Teatro Universtario Toledo onde recibiron o premio a millor iluminación Alfredo Sarille e millor dirección Paloma Lugilde: 556 persoas puideron ver as montaxes da Compañía ao longo do ano. Integrantes da Compañía 26 persoas, 6 localizacións aforo limitado.
Sons Creativos: 140 espectadores: 3 escoitas acústicas, 4 concertos e 3 talleres.
2º Findecurta: 70 persoas participantes, 125 espectadores aforo limitado.
Maratón: 30 participantes e visitantes da exposición cerca de 400.
Performáticas: 1 Performance no Parque Rosalía 80.