Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

23 anos de convenio Lugo Cultural

23 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC

O Convenio con 23 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC ofrece:

Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural.

 

Obxectivos:

1. Fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros nos que a cidade e o campus se interrelacionen.

2. Consolidar os ciclos establecidos, tratando de impulsar artes como o audiovisual, a performance, a través deactividades complementarias a eses ciclos.

3. Buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso (como Entre Lusco e Fusco no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, os concertos a pé de pedra na Praza de Santa María, e outros nos que as accións performáticas e de implicación do viandante teñan máis forza).Como novidade este ano Noite na Domus

4. Permitir a investigación e experimentación dentro das artes.

 

O ano pasado houbo un total de: 5144 espectadores frente a 2500 no 2015.

MOITAS GRAZAS!

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira