EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
XXI maratón fotográfico do campus (Lugo Cultural)
Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo
Pavillón central da Facultade de Veterinaria
Horario: días laborables de 9.00 a 21.00 horas
Ata o 30 de xaneiro de 2016
O CERTAME
Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.
A vixésima edición do Maratón desenvolveuse durante a xornada do día 30 de setembro sendo o tema proposto ASIMETRIAS EN LUGO . Baixo esta epígrafe e buscando fomentar a creatividade sen fixar ningún tipo de fronteiras, convidouse ás máis de 50 persoas inscritas neste certame artístico, a tomar olladas ‘diversas’ da capital luguesa, ademais das de temática LIBRE, tal e como se recolle nas bases. Deste xeito, a barreira temporal, establecida en pouco máis de 24 horas, que son as que transcorren desde a entrega de material aos participantes ata o prazo máximo de recepción dos traballos, foi case que o único obstáculo ou norma de obrigado cumprimento.
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS
Na exposición dos traballos presentados a esta vixésima primeira edición do Maratón, figuran todos os galardoados e unha fotografía por cada autor participante No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 15 de decembro de 2015 na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina e Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural:Encarna Lago , xerente da Rede Museistica da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os diplomas e o catálogo aos participantes.
O CATÁLOGO
Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.
OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN
1. Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema “Asimetrías en Lugo”
A D. Alejandro Real Novo pola fotografía Do seminario ao ceo
2. Premio á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Dna. Begoña Pérez López pola fotografía Vai de Rúa
3. 1º Accésit á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Dna. Olaya Mourenza Flórez pola fotografía Composición Libre 1
4. 1º Accésit á mellor fotografía do tema Asimetrías en Lugo:
A Dna.Patricia Fernández Pereira pola fotografía Os Tetris da Vida.
5. 2º Accésit á mellor fotografía do tema Asimetrías en Lugo:
A Dna.Alba Regueiro Rubio pola fotografía Dandelion