Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXI Maratón Fotográfico do Campus

29 de setembro

Inscrición ata as 14 horas do día 25 de setembro: AQUÍ

 

[Maratón fotográfico 2017]

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo. Datas por confirmar.

No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XXI Maratón Fotográfico do Campus conforme ás seguintes 

 

BASES: 

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen. 

2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 25 de setembro de 2015. 

3. A data de celebración será o 29 de setembro. Os participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frase para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite. 

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica

5. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas: un será proposto pola organización e o outro libre, debendo entregar 1 única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor. 

6. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:

6.1 MODALIDADE ANALÓXICA

6.1.1 O 30 de setembro ata as 14:00 h: Entrega de carrete.

6.1.2 O 14 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a organización. 

6.2 MODALIDADE DIXITAL:

6.2.1 O 30 de setembro ata as 14:00 h: Entrega do CD.

6.2.2 No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de 3.543X2.362 pixeles (equivalente a unha imaxe de 30X20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.

6.3 EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:

O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras máximo, en galego).

7. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo xurado.

8. PREMIOS*:

· Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 450 euros, trofeo e diploma.

· Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 300 € , trofeo e diploma

· Expedirase un diploma acreditativo a tódolos participantes

9. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en catálogo.

10. O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será comunicado oportunamente.

11. O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos organizadores. A decisión do xurado será inapelable.

12. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das mesmas.

13. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas así como de toda posible reclamación por dereitos de imaxe.

 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases. 

 

*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas.

 

 

Inscricións ata as 14 horas do día 25 de setembro:  AQUÍ

 

Mais información:

Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n-2º andar
27001 – Lugo 

 

982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira