Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

7 Sons Creativos

Os 7 Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación: o mundo da música Electroacústica e da Arte Sonora. Nesta sétima edición do proxecto séguese apostando por difundir e achegar ó público estas dúas formas de creación sonora desde o foro de creación que segue sendo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, e contando por segundo ano consecutivo coa colaboración, como codirector, do artista sonoro Xoan-Xil López.

Continuando coa liña marcada na pasada edición, proxéctanse estes SONS CREATIVOS co obxectivo de impulsar a difusión das propostas da arte sonora e das músicas electroacústicas. As propostas electroacústicas e da arte sonora deberían de ampliar a súa marxe de difusión e dende esta plataforma quérese colaborar a que isto sexa unha realidade.

É por iso que esta edición, de novo e fundamentalmente, volverá a ofrecer un repertorio ecléctico onde se xuntan a música electroacústica e a arte sonora, organizando un ciclo de concertos nos que pretendemos destacar o peso en alza de grupos e artistas galegos como CARLOS SUÁREZ ou o grupo ELO ademais de músicos de distintas procedencias como EDSON ZAMPRONA, compositor electroacústico de orixe brasileiro afincado actualmente na cidade de León ou como PEDRO OLIVEIRA, da Universidade de Aveiro, e artistas pertencentes a Asociación de músicos Electroacústicos (AMEE) como JULIA CHINER e STEFANO SCARANI.

O GCSUS, como todos los anos dende a súa fundación no 1995, estrea obras compostas ex profeso para os 7 Sons Creativos. Nesta ocasión presentará Miniatura Sonoras de INMACULADA CÁRDENAS e Equivalencias sonoras, composición para voz, percusión e electrónica de MÓNICA ÁLVAREZ, EFRAIM DÍAZ e ARTURO VAQUERO.

O apartado dedicado á formación estará a cargo do compositor, etnomusicólogo e percusionista CARLOS SUÁREZ, que impartirá o OBRADOIRO DE ELECTRÓNICA APLICADA AO SON, no que se abordarán os principios de electrónica sonora básicos, soldadura e construción dun “pulse sequencer".

http://sonscreativos.weebly.com/

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira