Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Orquestra do espazo de cámara da USC

ORQUESTRA DO ESPAZO DE CÁMARA DA USC

“Un paseo pola música”

Concerto comentado

 

 

Programa:

 

Renacemento:           John Dowland (1563 1626)         

                                   Todas as persoas que na terra moran

 

Barroco:                     J. S. Bach (1668-1750)                    

                                   Concerto de Brandenburgo nº3

 

Clasicismo:                 F. Danzi (1763-1826)                       

                                   Quinteto op. 56 No. 3 en Fa Maior 1º mov.

                                                                                 

Romanticismo:           P. I. Tchaikovsky (1840 - 1893)      

                                   Elexía para orquestra de corda

 

Nacionalismos:           E. Grieg (1843 - 1907)                     

                                   Dúas melodías elexiacas

 

Século XX:                 B. Bartok (1881 - 1945)                   

                                   For children                                       

 

Outras músicas:         A. Piazzolla (1921 - 1997)               

                                   Pigmalion

Solista: Javier Díaz, Acordeón

 

 

 

 

Director: Mario Diz

Acordeón: Javier Díaz

 

Profesores participantes:

Violíns: Roberto Santamarina (CMUS Santiago de Compostela)

Violas: Sara E. Olianas

Violonchelos: Guillermo Alzugaray (EMM Santiago de Compostela)

Ventos: Iago Lariño (CMUS Pontevedra)         

 

ORQUESTRA DO ESPAZO DE CÁMARA DA USC.

A Orquestra do “Espazo de Cámara” da Universidade de Santiago de Compostela nace co obxectivo de impulsar nos mozos universitarios e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental é a música.

Co patrocinio da Vicerreitoría de Cultura, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por Mario Diz, procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta e agradece todo tipo de colaboracións, que se van plasmando de xeito diverso en cada proxecto.

Dende o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co concerto de Arpa e Orquestra do mesmo autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo de  Haydn en Re maior, interpretado por Carlos G. Amigo, o monográfico sobre Astor Piazzolla ou o monográfico sobre a música galega onde o solista Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga.

Recentemente interpretou xunto ao coro Vigués Gli Apassionati o Magnificat de J.S. Bach e o Gloria de Vivaldi.

En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela realizan unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participa tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela dende o seu inicio xunto a Sinfónica de Galicia, e a Real Filharmonía de Galicia, como unha das tres orquestras convidadas.

Incorporándose ao proxecto diversos profesores da Orquestra da Cidade, Real Filharmonía de Galicia, asi como profesores relevantes do ámbito musical galego, a Orquestra do Espazo de Cámara recentemente foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO, onde participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de toda Europa.

 

Acordeón: Javier Diaz

Javier Díaz-Estébanez Carrasco nace en Oviedo.

Inicia os seus estudos musicais con Miguel Angel Bardio. Á idade de 8 anos ingresa no Conservatorio de Oviedo.

Participa en diversos certames nacionais obtendo primeiros premios como solista.

Dende moi novo colabora como acordeonista con diferentes agrupacións tradicionais, como a Banda de Gaitas "Cidade de Oviedo" coa que participa en numerosos festivais nacionais e internacionais.

Con 17 anos finaliza os seus estudos superiores de acordeón no Conservatorio Superior de Barcelona.

Colabora ao mesmo tempo con grupos asturianos de recoñecido prestixio no panorama da música folk tradicional como Llan de Cubel.

Comparte escenario con gaiteiros como Jose Manuel Fernández "Guti" e Vicente Prado Suárez "O Pravianu".

Traballa durante dous anos como profesor de acordeón no Centro Musical "Anxo Muñiz Toca"

Perfecciona os seus estudos de acordeón cromático en Irún con Agustín Santano e asiste a cursos e seminarios con Carlos Iturralde, Miren Iñarga, Iñaki Alberdi, Matti Rantanen, Vojin Vasovic e Gabriel Erkoreka.

Aos 19 anos trasládase a Galicia e toma parte na formación musical que acompaña ao gaiteiro X. Manuel Budiño co que grava os discos "Paralaia" e "Arredor".

Con esta mesma banda forma o grupo Laio e grava o disco "Luneda".

Colabora tanto con artistas do panorama folk galego (Susana Seivane) como con músicos doutros ámbitos (Víctor Aneiros, guitarrista e compositor de blues-rock)

Os seus alumnos participaron nos certames de acordeón máis importantes do país:

Adrián Pérez obtén o 1º premio na categoría sénior "varieté" e participa na Coupe Mondiale World Accordión Championships.

Moitos deles abríronse camiño no mundo profesional; Andrés Penabad, Diego Maceiras...

Na actualidade está afincado en Cedeira onde compaxina o seu labor docente na "Escola Municipal" coa dirección coral e a actividade compositiva, ademais de na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela como profesor do Seminario Permanente de Música Tradicional.

 

INTEGRANTES:

Director: Mario Diz

Profesores participantes:

Violíns: Roberto Santamarina (CMUS Santiago de Compostela)

Violas: Sara E. Olianas

Violonchelos: Guillermo Alzugaray (EMM Santiago de Compostela)

Ventos: Iago Lariño (CMUS Pontevedra)         

 

Violíns:

Ana Vieira - Licenciada en Bioloxía

Antía Rey - Filoloxía Galega

Brais Palmeiro  - Grado en Física

Carmen Jorge - Física

Ilduara Vicente - Lingua e literatura modernas

Laura García  - Licenciada en Farmacia

María Seoane -   Diplomada en Maxisterio

Mª del Carmen Moreira - Psicoloxía

Marcos Rodriguez - Enxeñería Informática

Marta Sanmartín - Medicina

Sandra Viz - Bioloxía

 

Violas:

Clara Copena - Comunicación Audiovisual

Iria Salvadó - Grado en Química

Rocío Vazquez - Doutorado en Pediatría

 

Violonchelos:

Ana Relova - Secundaria

Manuel Fernández - Bacharelato

Mateo Fernández - Física

 

Contrabaixos:

Ada Iglesias  - Dereito

Oscar Vicente Contreras - Licenciado en Filosofía

 

Frautas:

Rocío Rodriguez -  Administración e dirección de empresas

Uxía García - Comunicación Audiovisual

 

Óboes:

Mariña Palacios - Secundaria

Clarinetes:

María Gómez - Licenciada en Filoloxía Galega

Paula Fandiño - Administración e dirección de empresas

 

Fagotes:

Lara Young - Secundaria

 

Trompas:

Ana López -  Química

Darío Neira  - Secundaria

 

Percusión:

Aldara Candal - Medicina

 

Clave:

Julia Ammerman - Grado en Dereito

Orquestra do espazo
 

 

< VOLVER

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira