TESELAS. Microproxectos de actores galegos en formación
Un ménage à solas
Alba Fernández López
Escuela Superior de Arte Dramático (ESAD) de Estremadura
Un ménage à solas conta a historia dunha muller con tres personalidades: Alma, Marina e Celeste. Alma, a personalidade máis autoritaria, planea retomar unha antiga afección: cometer asasinatos. Marina está en desacordo a pesar do medo, e Celeste vive inmersa no seu mundo, sen entender o que pasa. A acalorada confrontación dos seus sentimentos –medo, paixón, ira, luxuria, tranquilidade, paz…– achegaraas a un final que ningunha das tres espera.