Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

III

III

Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de Ricardo III de W. Shakespeare

Aula de teatro de Ourense MARICASTAÑA

Dirección: Fernando Dacosta

 

Equipo técnico e artístico: 

REPARTO                     (Por orde de intervención)

 

RAQUEL LOIS               Nena, Cidadá 2, Enrique, Mensaxeiro, Asasino 2         

INÉS TORNOS              Nai , Cidadá 1, Príncipe Eduardo, Mensaxeiro, Margarita               

MARCOS VÁZQUEZ    Ricardo

SAMUEL CARDOSO    Sombra, Oxford

ABRAHAM PÉREZ       Garda, Grei, Cidadán 4, Mensaxeiro, Outro asasino

ÁLEX HERMIDA           Jorge, Cátesbo

GONZALO OTERO       Hastins, Tyrrel

ALICIA FRAGA              Ana, Rover, Tanli

REBECA MORALEJO   Ama, Asasino 1, Mensaxeiro, Lovel

VICKY DOCABO           Isabel, Alcaldesa

VICENTE C. BÓVEDA  Baco

SANDRA A.C.               Rimon, Duquesa

NOELIA ROPE              Margarita, Cidadá 3

Ademais son Pobo, Almas, Mensaxeiros, Voces, Azuis, Vermellos, Outros, ...

 

LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA

José Manuel Bayón, Rubén Dobaño

 

VESTIARIO E COMPLEMENTOS

Tegra

 

DESEÑO MUSICAL

Renata Codda Fons

 

CARTEL E PROGRAMA

Pablo Otero

 

AXUDANTE DE DIRECCIÓN

María Díaz

 

ESCENOGRAFÍA, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN

Fernando Dacosta


Sipnose:

Un grupo de refuxados desprázase fuxindo dun territorio en guerra. Unha nena pregúntalle á súa nai o porqué desa situación. A nai, tratando de facerlla entender, fálalle de como non hai moito tempo vivían razoablemente ben, con comida todos os días e con casa onde poder durmir. Conta como nese país, ao que decide chamarlle “reino”, xurdiron dous bandos polo poder, aos que decide chamarlles os “azuis” e os “vermellos”. Que ningún dese bandos se preocupa realmente da xente que pasaba fame e que se exterminaban porque eran insaciables nas súas ansias de poder. Cóntalle como ao gañar o bando azul empezaron as loitas intestinas, irmáns matando irmáns, intrigas para facerse co trono, accións despiadadas que matan a amigos, a irmáns, a nenos, a calquera que poida facer perigar o poder total, o poder sen ningunha dúbida.

A historia que conta a nai fálanos da resistible ascensión ao poder de Ricardo III, ascensión que puido evitarse pero por medo, por ambición, por relaxación, por despreocupación, non se fixo. Fálanos de como se instaurou un estado de terror no que todos sospeitan de todos e ninguén pode estar seguro de nada. Fálanos, en fin, de como xurdiu unha alternativa entre as sombras e como os cidadáns decidiron entregarse a ela sen reservas, e do necesaria que son as reservas.

O texto de William Shakespeare, “Ricardo III” desde unha perspectiva contemporánea, con preguntas de onte, de hoxe e de sempre e cunha resposta a iso que dámos en chamar “poder”.

 

 

III
 

Foto de Sabela Eiris

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira