15 de maio ás 20.00 horas
LUCUS ENSEMBLE
PROGRAMA
I
Serenata para instrumentos de vento, violonchelo e contrabaixo en Re menor op 44 - Antonín Dvořák
1- Moderato quasi Marcia
2- Minuetto
3- Andante con motto
4- Finale: Molto Allegro
II
Tango - Isaac Albéniz
Oblivion - Astor Piazzolla
Milonga del Ángel - Astor Piazzolla
Tango pour Claude - Richard Galliano
Por una Cabeza - Carlos Gardel - voz: Paloma Suanzes
Libertango - Astor Piazzolla
LUCUS ENSEMBLE nace a inicios do ano 2014 froito da inquietude musical dos seus fundadores, a violonchelista pontevedresa Cristina Nogueira e o clarinetista viveirense Santiago Noriega.
Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, pensan na posibilidade de crear unha formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un grupo de cámara mixto vento-corda.
Propóñenlle levar a dirección musical da agrupación ao mestre valenciano Alejandro Troya, o cal se fará cargo tamén, xunto co trompista Moisés López, de ultimar as adaptacións e arranxos do programa.
Cun cadro fixo de dez músicos e diversos proxectos de futuro, LUCUS ENSEMBLE nace coa intención de facerse un oco no elenco de grupos de cámara de Galicia.
ALEJANDRO TROYA nace en Benissanó (Valencia), e na banda da súa localidade natal comeza os seus estudos de saxofón, pasando posteriormente ao conservatorio de Llíria, onde remata os estudos de grao profesional, obtendo o premio de fin de grao.
Continúa no conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia, onde acaba os seus estudos superiores e gaña o premio de fin de carreira na especialidade de saxofón. Participa en diferentes concursos acadando diversos premios entre os que cabe destacar o primeiro no Concurso Internacional da Universidade Europea do Saxofón.
Colabora con numerosas bandas realizando gravacións para RTTV e RTVE. Realiza cursos de dirección de banda con mestres do prestixio de Jan Cober ou Norman Milanés. Na actualidade é profesor de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo, director de Murajazz Bigband e de Lucus Ensemble.
COMPOÑENTES
Alejandro Troya, director
Tania Balboa, óboe
Miguel A. Díaz, clarinete
Santiago Noriega, clarinete
María Losada, fagot
Cristina Díaz, frauta
Araceli Martínez, contrabaixo
Cristina Nogueira, violonchelo
Carlos Vázquez, percusión
Moisés López, trompa e acordeón