20:30 h
CASA DO SABER - Vicerreitoría de Coordinación
ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO
Chegamos neste ano a oitava edición do ciclo LUBICÁN, programa co que se pretende achegar ao público lugués a música de de grupos galegos con diferentes estilos, ademais de promover a xénese de novas formacións e que se organiza ao abeiro do convenio LUGO CULTURAL
CONCERTOS:
presenta Destino Sur
O músico e cantautor ourensán Emilio Rúa abre a programación desta oitava edición do Lubicán cun concerto de presentación do seu último traballo, ‘Destino Sur’, o quinto da súa carreira discográfica.
Formación:
Emilio Rúa: Guitarra acústica e voz principal
Marcos P. Saburido: Batería e percusións
Diego Pérez: Contrabaixo e coros
Jose Gayoso: Guitarra acústica, mandolina e dobro
presentan TEÑO DÍAS
Pandeiromus, a primeira banda masculina de pandereiteiros do panorama galego creada en Santiago de Compostelá en 1992. Esta formación, ligada desde o seu nacemento á música tradicional e especialmente atraída pola tradición oral e a música instrumental traerá a Lugo o 12 de marzo o seu terceiro disco, ‘Teño Días’, que é a primeira entrega da triloxía ‘Teño días, teño noites’.
Formación:
Rafa Iglesias: Voz percusións (pandeireta, caixa, lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo)
Alfonso González: Voz, percusións
Topo Vidal: Voz, percusións, gaita, flauta
Roberto Grandal: Acordeón
Xesús Rodríquez: Percusion, gaita
presenta lúas de outubro e agosto
Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega volverá no mes de abril ao Lubicán para presentar o seu último traballo, ‘Lúas de outubro e agosto’, “un canto de amor á muller e á liberdade”, como a propia autora define o que é o seu segundo disco en solitario.
presentan Ao vivo en Lorient
O grupo de folk galego Os d’Abaixo, unha formación xurdida alá polo 2010 na bisbarra de Compostela a iniciativa de sete músicos locais que acordaron xuntarse para acompañar as sesións de baile galego e festas tradicionais que se celebraban na contorna, visitará a capital luguesa presentar o que é o seu primeiro traballo discográfico ‘Ao vivo en Lorient’, no que recollen algunhas das cancións interpretadas no Festival Intercéltico de Bretaña.
Formación:
Xacobe Varela: gaita, bouzouqui e voz
Richi Martín: percusión
Gonzalo Goas: guitarra acústica e voz
Xosé Ramón Vázquez: acordeón
Roberto Rama: gaita e saxo soprano
Quim Farinha: violín
presentan A lúa prendeu a luz
O trío musical Puntada sen fío, grupo de recente creación formado por Xiana Lastra, voz, Juan Collazo, percusión, e Roberto Rama, saxo e gaitas, presentará en Lugo os temas incluídos no seu primeiro traballo ‘A lúa prendeu a luz’, un disco que compila nove temas moi diferentes co pasado como nexo común .
Formación:
Xiana Lastra, voz
Juan Collazo, percusión
Roberto Rama, saxo e gaita
en concerto
O grupo independente Clave de Fado, que vén de presentar o seu primeiro traballo, ‘Xanela’ pechará o Lubicán 2015 cun concerto no que ofrecerá un repertorio variado, no que, partindo do fado, interpretará diferentes estilos musicais que permitirán apreciar a virtuosa voz de Iría Estévez.
Formación:
Iria Estévez: voz
Paco Dicenta: contrabaixo
Isaac Garabatos: viola caipira
Gonzo Piña: guitarra española