24 de febreiro ás 20.00 horas
Pierre Delignies, piano
I
Claude Debussy (1862-1918)
Imaxes do libro I L.110
I. Reflets dans l´eau
II. Hommage à Rameau
III. Mouvement
Isaac Albéniz (1860-1909)
Evocación
Corpus Christi en Sevilla
II
Sergei Prokofiev (1891-1953)
Sonata para piano núm.6 en la maior op.82
I. Allegro moderato
II. Allegretto
II. Tempo di valzer lentissimo
IV. Vivace
PIERRE DELIGNIES, piano
Santander, en 1990. Aos sete anos comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Jesús de Monasterio de Santander, onde recibiu clases de Miguel Sierra e Irini Gaitani e onde rematou os seus estudos profesionais coa cualificación de sobresaliente. Posteriormente, continuou a súa formación pianística no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), cos profesores Marta Zabaleta e Miguel Borges, onde se licenciou con Matrícula de Honra en piano e con Sobresaliente na especialidade de repertorio contemporáneo, co profesor Ricardo Descalzo. Recibiu clases de Claudio Martínez-Mehner, Galina Eguiazarova, Elisso Vyrseledze, Eldar Nebolsin, Mariana Gurkova, Luca Chiantore, Josep Colom, Helen Krizos, Naum Grubert ou Dimitri Alexeev, entre outros. Dende o curso 2012-2013 é alumno da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Piano Fundación Banco Santander coa profesora Galina Eguiazarova. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz e de residencia Fundación Botín. En xuño de 2014 recibiu de mans da Súa Maxestade a raíña a “Mención de Alumno más Sobresaliente” da súa cátedra. En 2001 gañou o segundo premio do Certamen Regional de Cantabria, e foi finalista nos concursos Ciutat de Xàtiva 2006, Intercentros Melómano 2007 e Infanta Cristina 2012. En 2013 gañou o primeiro premio ex aequo no Concurso Internacional Santa Cecilia de Oporto, en Portugal.
Ofreceu recitais no Concello de San Sebastián, Fundación Eutherpe e Fundación Botín e no Festival Musika-Música de Bilbao. Como músico de cámara formou tríos e dúos, cos que participou no Festival de Música “Quincena Musical” de San Sebastián en varias ocasións. Tamén colaborou coa Joven Orquesta Nacional de España en encontros de música de cámara e sinfónicos, o que o levou a actuar en salas de Francia e España, e no Festival de Música Contemporánea de Alicante. Debutou como solista con orquestra baixo a batuta do director Paul Murphy coa Orquesta Sinfónica de Musikene no Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián. En 2013 participou no Festival Internacional de Santander coa Joven Orquesta de Cantabria, baixo a dirección de Jaime Martín, e en 2014 participou no Encuentro de Música y Academia de Santander.
Como alumno da Escuela, forma parte do Trío Fundación Mahou San Miguel, baixo a tutela da profesora Márta Gulyás.